Entradas

SÉTIMA SESIÓN

Imagen
Na última sesión do Club de Ciencia, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer en que consiste o método científico, afondando na comprensión do concepto do ADN e o proceso polo que as mans quedan limpas logo de empregar xabón. Non só aprenderon un montón, desfrutaron colaborando en equipo. PRESENTACIÓN, LIGAZÓN

SEXTA SESIÓN, ABRIL 2026

Imagen
Na sexta sesión de ciencia, o alumnado realizou o experimento “Bolsa impermeable” . Este amosa as propiedades da tensión superficial e química dos polímeros . Isto baséase na estrutura química da bolsa, feita de polietileno de baixa intensidade, cadeas flexibles e elásticas. Ao introducir os lapis afiados, a bolsa nin se rompe nin se   greta, sendo o plástico o que se deforma e adhire ao lapis, creando un peche hermético que impide a fuga da auga. Co experimento “ Tornado de auga ”, o alumnado observou a dinámica dos fluídos , grazas a unha botella con auga a cal incorporaba unha peza que facía inverter a rotación de esta. Tamén creouse un tornado no que, pulsando un botón, unha botella xira realizando un efecto semellante. Coa seguinte investigación “ Botella en equilibrio” , as/os peques tiveron que pensar como poder aliñar unha botella de auga con un soporte para botellas de viño ata manter a botella en pe. A finalidade foi chegar a comprender o fenómeno do equilibrio a través ...

QUINTA SESIÓN, MARZO 2026

Imagen
En esta sesión do club de ciencia, o alumnado realizou diferentes experimentos coa finalidade de aprender máis sobre as antocianinas, a capilaridad e o dióxido de carbono. En primeiro lugar, co experimento “ PH Col lombarda” , o alumnado puido manipular e descubrir como a lombarda está composta po antocianinas , un pigmento hidrosoluble natural presente en varias froitas, verduras e flores. Partiron unha lombarda e, mesturándoa con auga e esmagándoa, viron como a auga muda de cor. En segundo lugar, co experimento “Cores comunicantes” , as nenas e nenos aplicaron o método científico xerando hipóteses do que pode suceder ao unir varios vasos cheos de auga de cores con panos de papel de cociña. Isto dou lugar a explicar a propiedade da capilaridade , grazas á cal os fluídos poden ascender ou descender por tubos estreitos a pesares da gravidade, debido á tensión e equilibrio entre dúas forzas. Grazas a esta propiedade, e á absorción de auga polas fibras de papel, as peques dobraron flo...

CUARTA SESIÓN, FEBREIRO 2026

Imagen
En esta cuarta sesión do club de ciencia, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer, por unha banda, o proceso da formación da luz branca e, por outra, indagar na dinámica dos fluídos. A través de experimentos como o “Disco de Newton”, a “Disolución das cores dos Lacasitos” ou o “Fluído non Newtoniano”, os nenos e nenas puideron comprobar como a luz branca nace da composición das cores do arco da vella. Tamén comprobaron como existen fluídos denominados non Newtonianos xa que non seguen as normas das leis de Newton sobre a viscosidade. Unha sesión moi interesante e divertida!  E por suposto, con ganas de máis!             

TERCEIRA SESIÓN, XANEIRO 2026

Imagen
Na terceira sesión do club de ciencia tivemos a sorte de contar coa participación de “Héroes para la ciencia”. En esta sesión os nenos e nenas realizaron experimentos como a lámpada de lava, mesturando auga, aceite e unha pastilla efervescente e alumeando con unha lanterna “máxica”. Tamén experimentaron co plasma e coa condutividade do son. Non sacaron ollo de todos eles!    

SEGUNDA SESIÓN, DECEMBRO 2025

Imagen
En esta segunda sesión do club de ciencias, o alumnado tivo a oportunidade de realizar varios experimentos: relacionados co inverno e coas persoas con diversidade funcional. En decembro celébrase o día Internacional das persoas con discapacidade. Dende o CEIP de Viñas pensamos que, a mellor maneira de visibilizar este día, é facer consciente ao alumnado sobre esta realidade, sendo partícipes en primeira persoa. A especialista de AL foi a dinamizadora de tres experimentos: lectura en braille (diversidade funcional visual) circuíto de conduto de luz (timbre de persoas con diversidade funcional auditiva) e construción de un ascensor con pezas lego (diversidade funcional motora). Ademais, o alumnado do terceiro ciclo, atreveuse a construír un ascensor moito máis difícil! Tod@s desfrutaron un montón!                     Vinculado co inverno, todo o centro tivo a oportunidade de elaborar neve artificial. Foi tan divertido que están...

PRIMEIRA SESIÓN, NOVEMBRO 2025

Imagen
En este mes de novembro tivemos a primeira sesión do Club de Ciencia. En esta primeira sesión, tívose en conta que novembro é o mes da ciencia en galego. Para ilo, por aulas, o alumnado recorreu á biblioteca do centro e á exposición do corredor, para seleccionar aqueles libros en galego sobre temática científica. Ademais de ler en galego sobre ciencia, estiveron investigando sobre científicas e científicos de Galicia. Unha vez realizada a investigación puxéronse “Mans á obra”. Elixiron un experimento e, por aula ou ciclo levárono a cabo. Entre estes experimentos podemos destacar: Desxeo dos polos, Os sabores, O separador, O arco da vella... Todo o alumnado quedou abraiado, con caras de ilusión, curiosidade e con ganas de máis!