CUARTA SESIÓN, FEBREIRO 2026
En
esta cuarta sesión do club de ciencia, o alumnado tivo a oportunidade de
coñecer, por unha banda, o proceso da formación da luz branca e, por outra, indagar na dinámica dos fluídos. A través de
experimentos como o “Disco de Newton”, a “Disolución das cores dos Lacasitos”
ou o “Fluído non Newtoniano”, os nenos e nenas puideron comprobar como a luz
branca nace da composición das cores do arco da vella. Tamén comprobaron como
existen fluídos denominados non Newtonianos xa que non seguen as normas das leis
de Newton sobre a viscosidade.
Unha sesión moi interesante e divertida! E por suposto, con ganas de máis!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



Comentarios
Publicar un comentario