Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

QUINTA SESIÓN, MARZO 2026

Imagen
En esta sesión do club de ciencia, o alumnado realizou diferentes experimentos coa finalidade de aprender máis sobre as antocianinas, a capilaridad e o dióxido de carbono. En primeiro lugar, co experimento “ PH Col lombarda” , o alumnado puido manipular e descubrir como a lombarda está composta po antocianinas , un pigmento hidrosoluble natural presente en varias froitas, verduras e flores. Partiron unha lombarda e, mesturándoa con auga e esmagándoa, viron como a auga muda de cor. En segundo lugar, co experimento “Cores comunicantes” , as nenas e nenos aplicaron o método científico xerando hipóteses do que pode suceder ao unir varios vasos cheos de auga de cores con panos de papel de cociña. Isto dou lugar a explicar a propiedade da capilaridade , grazas á cal os fluídos poden ascender ou descender por tubos estreitos a pesares da gravidade, debido á tensión e equilibrio entre dúas forzas. Grazas a esta propiedade, e á absorción de auga polas fibras de papel, as peques dobraron flo...