SEXTA SESIÓN, ABRIL 2026

Na sexta sesión de ciencia, o alumnado realizou o experimento “Bolsa impermeable”. Este amosa as propiedades da tensión superficial e química dos polímeros. Isto baséase na estrutura química da bolsa, feita de polietileno de baixa intensidade, cadeas flexibles e elásticas. Ao introducir os lapis afiados, a bolsa nin se rompe nin se  greta, sendo o plástico o que se deforma e adhire ao lapis, creando un peche hermético que impide a fuga da auga.




Co experimento “Tornado de auga”, o alumnado observou a dinámica dos fluídos, grazas a unha botella con auga a cal incorporaba unha peza que facía inverter a rotación de esta. Tamén creouse un tornado no que, pulsando un botón, unha botella xira realizando un efecto semellante.


Coa seguinte investigación “Botella en equilibrio”, as/os peques tiveron que pensar como poder aliñar unha botella de auga con un soporte para botellas de viño ata manter a botella en pe. A finalidade foi chegar a comprender o fenómeno do equilibrio a través dos principios fundamentais de centro de masa e base de apoio.



Xa co último experimento de esta sesión a “Auga que non cae”, os nenos e nenas indagaron no fenómeno da presión atmosférica. Con un vaso con auga e un papel, o alumnado comprobou como a auga non cae debido a factores como: a presión atmosférica (o aire exterior exerce unha forza en todas direccións empurrando o papel cara arriba), a tensión superficial (a auga do borde do vaso actúa como unha cola, evitando que o aire entre e saia) e a diferencia de presión (cando o vaso xira o papel baixa uns milímetros facendo que o volume de aire atrapado dentro aumente).







Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIRA SESIÓN, NOVEMBRO 2025

SEGUNDA SESIÓN, DECEMBRO 2025

SÉTIMA SESIÓN