SEGUNDA SESIÓN, DECEMBRO 2025
En esta
segunda sesión do club de ciencias, o alumnado tivo a oportunidade de realizar
varios experimentos: relacionados co inverno e coas persoas con diversidade
funcional.
En decembro celébrase o día Internacional das persoas con discapacidade. Dende o CEIP de Viñas pensamos que, a mellor maneira de visibilizar este día, é facer
consciente ao alumnado sobre esta realidade, sendo partícipes en primeira
persoa.
A especialista
de AL foi a dinamizadora de tres experimentos: lectura en braille (diversidade funcional visual) circuíto de
conduto de luz (timbre de persoas con diversidade funcional auditiva) e construción de un ascensor con pezas lego (diversidade funcional motora). Ademais, o alumnado
do terceiro ciclo, atreveuse a construír un ascensor moito máis difícil! Tod@s desfrutaron
un montón!
Vinculado co inverno, todo o centro tivo a oportunidade de elaborar neve artificial. Foi tan divertido que están desexando ir de excursión para ver a neve de verdade. Aquí podemos ver con que entusiasmo e ilusión traballaron e xogaron!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario