PRIMEIRA SESIÓN, NOVEMBRO 2025

En este mes de novembro tivemos a primeira sesión do Club de Ciencia. En esta primeira sesión, tívose en conta que novembro é o mes da ciencia en galego. Para ilo, por aulas, o alumnado recorreu á biblioteca do centro e á exposición do corredor, para seleccionar aqueles libros en galego sobre temática científica. Ademais de ler en galego sobre ciencia, estiveron investigando sobre científicas e científicos de Galicia.

Unha vez realizada a investigación puxéronse “Mans á obra”. Elixiron un experimento e, por aula ou ciclo levárono a cabo. Entre estes experimentos podemos destacar: Desxeo dos polos, Os sabores, O separador, O arco da vella...

Todo o alumnado quedou abraiado, con caras de ilusión, curiosidade e con ganas de máis!







Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA SESIÓN, DECEMBRO 2025

TERCEIRA SESIÓN, XANEIRO 2026