SEXTA SESIÓN, ABRIL 2026
Na sexta sesión de ciencia, o alumnado realizou o experimento “Bolsa impermeable” . Este amosa as propiedades da tensión superficial e química dos polímeros . Isto baséase na estrutura química da bolsa, feita de polietileno de baixa intensidade, cadeas flexibles e elásticas. Ao introducir os lapis afiados, a bolsa nin se rompe nin se greta, sendo o plástico o que se deforma e adhire ao lapis, creando un peche hermético que impide a fuga da auga. Co experimento “ Tornado de auga ”, o alumnado observou a dinámica dos fluídos , grazas a unha botella con auga a cal incorporaba unha peza que facía inverter a rotación de esta. Tamén creouse un tornado no que, pulsando un botón, unha botella xira realizando un efecto semellante. Coa seguinte investigación “ Botella en equilibrio” , as/os peques tiveron que pensar como poder aliñar unha botella de auga con un soporte para botellas de viño ata manter a botella en pe. A finalidade foi chegar a comprender o fenómeno do equilibrio a través ...