QUINTA SESIÓN, MARZO 2026

En esta sesión do club de ciencia, o alumnado realizou diferentes experimentos coa finalidade de aprender máis sobre as antocianinas, a capilaridad e o dióxido de carbono.

En primeiro lugar, co experimento “PH Col lombarda”, o alumnado puido manipular e descubrir como a lombarda está composta po antocianinas, un pigmento hidrosoluble natural presente en varias froitas, verduras e flores. Partiron unha lombarda e, mesturándoa con auga e esmagándoa, viron como a auga muda de cor.



En segundo lugar, co experimento “Cores comunicantes”, as nenas e nenos aplicaron o método científico xerando hipóteses do que pode suceder ao unir varios vasos cheos de auga de cores con panos de papel de cociña. Isto dou lugar a explicar a propiedade da capilaridade, grazas á cal os fluídos poden ascender ou descender por tubos estreitos a pesares da gravidade, debido á tensión e equilibrio entre dúas forzas.

Grazas a esta propiedade, e á absorción de auga polas fibras de papel, as peques dobraron flores para metelas en auga e observan como as flores se van abrindo de novo, volven á súa posición orixinal.

  
  




Por último lugar, en esta sesión @s nosos científicos e científicas, puideron analizar unha reacción química en acción. Mesturando nunha botella vinagre e bicarbonato de sodio, un globo que está pegando á botella ínflase debido á produción de dióxido de carbono. O CO2 é un gas que necesita máis espazo polo tanto, ao no poder escapar da botella, sube e infla o globo.









Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIRA SESIÓN, NOVEMBRO 2025

SEGUNDA SESIÓN, DECEMBRO 2025

SÉTIMA SESIÓN