CUARTA SESIÓN, FEBREIRO 2026
En esta cuarta sesión do club de ciencia, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer, por unha banda, o proceso da formación da luz branca e, por outra, indagar na dinámica dos fluídos. A través de experimentos como o “Disco de Newton”, a “Disolución das cores dos Lacasitos” ou o “Fluído non Newtoniano”, os nenos e nenas puideron comprobar como a luz branca nace da composición das cores do arco da vella. Tamén comprobaron como existen fluídos denominados non Newtonianos xa que non seguen as normas das leis de Newton sobre a viscosidade. Unha sesión moi interesante e divertida! E por suposto, con ganas de máis!