SEGUNDA SESIÓN, DECEMBRO 2025
En esta segunda sesión do club de ciencias, o alumnado tivo a oportunidade de realizar varios experimentos: relacionados co inverno e coas persoas con diversidade funcional. En decembro celébrase o día Internacional das persoas con discapacidade. Dende o CEIP de Viñas pensamos que, a mellor maneira de visibilizar este día, é facer consciente ao alumnado sobre esta realidade, sendo partícipes en primeira persoa. A especialista de AL foi a dinamizadora de tres experimentos: lectura en braille (diversidade funcional visual) circuíto de conduto de luz (timbre de persoas con diversidade funcional auditiva) e construción de un ascensor con pezas lego (diversidade funcional motora). Ademais, o alumnado do terceiro ciclo, atreveuse a construír un ascensor moito máis difícil! Tod@s desfrutaron un montón! Vinculado co inverno, todo o centro tivo a oportunidade de elaborar neve artificial. Foi tan divertido que están...